Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 16 Abril 2024.

Bono Coidado vacacións 2022

    CCOO edita unha folla informativa resumindo os requisitos para solicitar o Bono Coidado para as vacacións do 2022. Trátase dunha liña de axudas económicas ás familias con nenos e nenas de ata 12 anos de idade, estes incluídos, que teñan a súa residencia en Galicia, para atención de necesidades de conciliación en situacións puntuais e períodos de vacacións escolares comprendidos entre o 1 de xaneiro e o 14 de setembro.

    08/07/2022.
    CCOO edita unha folla informativa sobre o Bono Coidado vacacións

    CCOO edita unha folla informativa sobre o Bono Coidado vacacións

    Para solicitar o Bono Concilia, cómpre acreditar a imposibilidade de facerse cargo da atención do neno ou nena por motivos laborais.

    Que necesidades cobre?

    — Enfermidade ou accidente do neno ou nena ou da persoa coi­dadora habitual.

    — Asistencia da persoa coidadora habitual a entrevistas de traballo ou cursos de formación que impidan a atención do neno ou nena.

    — Situacións puntuais de carácter laboral da persoa coidadora ha­bitual que impidan a atención do neno ou nena.

    — Situacións puntuais de coidado de familiares, do neno ou nena ou da persoa coidadora habitual, ata o segundo grao de paren­tesco por consanguinidade ou afinidade, sempre que impidan a atención do neno ou nena.

    Requisitos

    — Que o neno ou nena teña un máximo de 12 anos no momento en que se produce o suposto para solicitar a axuda.

    — Que ambos proxenitores, titores/as, acolledores/as, gardadores/as con fins adoptivos, familias monoparentais ou proxenitores con custodia non compartida, estean efectivamente traballando no suposto de solicitudes por enfermidade ou accidente do neno ou nena e/ou por asistencia a campamentos ou outros recursos de conciliación colectivos especificamente organizados para a atención dos nenos e nenas nos períodos de vacacións escolares.

    Contía

     Ata o 100 % do custo das actuacións previstas, cunha contía máxima de:

    — 500 € por unidade familiarPara a contratación dunha persoa empregada do fogar ou de servizos de atención á infancia a domicilio.

    — 200 € por cada neno ou nenaPara a asistencia a servizos de conciliación autorizados pola Consellería de Política Social ou a campamentos ou outros re­cursos de conciliación colectivos especificamente organizados para a atención dos nenos e nenas nos períodos de vacacións escolares.

    Prazo

    O prazo de solicitude comeza o 9 de xullo, día seguinte da publicación da ORDE, e finaliza o 30 de setembro.

    Máis información no documento anexo a esta nota informativa.

    Documentación asociada
    Documentación asociada