Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Marzo 2024.

CCOO coida inexplicable que se lle negue a estabilidade ao persoal investigador

    CCOO considera que o resultado da votación no Senado supón un claro retroceso nunha medida consensuada no Congreso e que ten un amplo apoio das traballadoras e traballadores da investigación.

    21/07/2022.
    CCOO se moviliza contra la Ley de Ciencia

    CCOO se moviliza contra la Ley de Ciencia

    O martes, 19 de xullo de 2022, o PP e ERC frustraron a lei de ciencia. A emenda proposta polo PP e apoiada por ERC supón eliminar a posibilidade de contratos indefinidos ao persoal investigador.

    O texto volverá ao Congreso pero coa supresión dunha das medidas que máis apoio suscitara dos traballadores e traballadoras da ciencia e que dunha forma máis clara axudaría a asentar unha investigación de calidade.

    A proposta de CCOO ía encamiñada á extensión da obrigatoriedade de formalizar contratos indefinidos ao persoal que traballa en proxectos financiados con fondos europeos competitivos e pasar a considerar o persoal técnico e de xestión como parte do persoal de investigación, para que poidan desenvolver a súa carreira laboral.

    As queixas e os ataques recibidos a esta proposta non teñen xustificación, xa que nin o incremento na xestión de contratos nin o efecto económico polas indemnizacións por despedimento poden ser motivo para impedir que as investigadoras e os investigadores desenvolvan o seu traballo coa serenidade e certeza suficiente. O traballo sempre debe remunerarse, e un traballo de calidade require unha compensación xusta e que se desenvolva nas condicións suficientes de estabilidade.

    Cando os partidos políticos que votaron en contra da estabilidade dos traballadores e traballadoras falan de investigación de excelencia deben ter en conta que as condicións destas persoas tamén deberían ser de excelencia.

    Votando a favor da eliminación dos contratos indefinidos pérdese a oportunidade de superar unha das barreiras máis altas do sistema de investigación español para atraer e manter talento así como para desenvolver unha investigación de excelencia.

    Por todo o anterior, desde CCOO considérase que o resultado da votación de onte supón un claro retroceso nunha medida amplamente consensuada no Congreso e que suscitaba un grande apoio das traballadoras e traballadores da investigación. Na súa volta ao Congreso, CCOO seguirá pelexando para que o ocorrido onte no Senado se solucione e a investigación deixe de ser o terreo de incertezas que forza a perda de talento, con tanta xente abandonando o seu soño de dedicarse á investigación.