Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Marzo 2024.

O Consello de Goberno da sociedade municipal de Santiago TUSSA, aproba o Convenio acordado no mes de maio co Comité de Empresa.

    CCOO xunto a e o comité de empresa de TUSSA, celebra que despois de mais de tres anos de negociacións, varias mobilizacións e unha convocatoria de folga polo medio, o Consello de Goberno da sociedade municipal TUSSA dá o visto bo ao Convenio colectivo, acordo que xa fora referendado polo persoal da empresa nunha asemblea no pasado mes de maio. 

    26/07/2022.
    Mobilización polo convenio de TUSSA

    Mobilización polo convenio de TUSSA

    TUSSA é a sociedade municipal creada en 1999 polo Concello de Santiago para a xestión do transporte urbano. Na actualidade a sociedade ten encomendada a xestión do contrato do transporte urbano e a xestión dos aparcadoiros de Belvís, Xoán XXIII e o de borde de Salgueiriños. Ademais xestiona a estación de autobuses da cidade, a área de libre estacionamento de Santa Marta e a dársena de autocares de Xoán XXIII.

    Pese os atrasos e os atrancos, o Comité de empresa destaca que é un bo convenio e , que aínda que non foi doado de conseguir, - tratábase de unificar tres convenios en un, o da antiga concesionaria Setex Aparki, o convenio galego de aparcadoiros e o convenio provincial de oficinas e despachos da Coruña - , dá estabilidade xurídica e laboral a plantilla, unifica categorías laborais e , de cara o futuro, é un bo punto de partida para seguir mellorando en novas negociacións. 

    A modo de resumo, o Convenio regula:

    • Xornada anual 1730 h (do 1/1/22 ao 31/12/24)
    • 8 días de A.P. e 33 de vacacións
    • Introdución do plus de xornada partida
    • IT o 100% dos conceptos fixos e do 70% nos variables (domingos/festivos/nocturnos)
    • Premios Xubilación Anticipada: 2 e 3 meses de vacacións a maiores
    • Seguro de 43.000 e por causas laborais e 14.000 e. x non laborais
    • Subas salariais sen negociación (vinculadas aos empregados públicos)
    • Paga extra a maiores en setembro do 2022 ao 2026
    • Regulamento dos a.p.
    • Promoción interna na que se garante a valoración do tempo traballado
    • Acordo económico asinado o 20 de xullo de 2021

    Para rematar, CCOO e o comité de empresa quere agradecer o a toda a plantilla de TUSSA todo o apoio recibido, porque sen esa unidade demostrada non sería posible acadar o presente convenio: O primeiro convenio colectivo de TUSSA (vixente dende o 01/01/22 ao 31/12/2024)

    Ligazóns: