Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Marzo 2024.

CCOO esíxelle á Dirección Xeral da Mariña Mercante que todos os buques que operen nos nosos portos cumpran as normas internacionais

    O sector do Mar de CCOO remitiulle unha carta á Dirección Xeral da Mariña Mercante para esixir que se cumpran as normas mínimas internacionais para calquera buque que opere nos nosos portos. A petición prodúcese tras as medidas de exención adoptadas polo Goberno italiano debido á escaseza de xente de mar en Italia para operar en transbordadores, de xeito que poderán contar con tripulantes sen os requisitos mínimos fixados internacionalmente.

    09/08/2022.
    CCOO rexeita as medidas adoptadas polo Goberno italiano e esixe o cumprimento da normativa internacional | Foto: Pixabay

    CCOO rexeita as medidas adoptadas polo Goberno italiano e esixe o cumprimento da normativa internacional | Foto: Pixabay

    CCOO acolle «con preocupación» estas medidas, que van contra a normativa internacional, cuxa razón de ser é previr catástrofes ambientais e perda de vidas humanas no mar.

    O sindicato insta as autoridades españolas a estaren «vixiantes» e a non permitiren a vulneración das normas internacionais nos buques que operen nos portos españois, tanto por seguridade como para impedir a competencia desleal que estas prácticas implican.