Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 20 Abril 2024.

CCOO congratúlase por unha Lei de ciencia que reduce a precariedade

    Comisións Obreiras congratúlase pola derrogación da emenda 76 da Lei de ciencia, que perpetuaba a temporalidade do persoal investigador. O sindicato agradece a maioría parlamentaria que permitiu dar cabo da precariedade nun sector tan importante para a sociedade.

    26/08/2022.
    Laboratorio de investigación | Foto: Pixabay

    Laboratorio de investigación | Foto: Pixabay

    Os cambios introducidos na Lei da ciencia permiten un importante avance contra a precariedade do sistema público de investigación. A diferenza do resultado do Senado do pasado 23 de xullo —cando se aprobou a emenda 76 do PP—, a emenda foi derrotada no Congreso cos votos de PSOE, UP, ERC, Ciudadanos, EHBildu, Más País, Compromís, BNG, CUP, Coalición Canaria, Teruel Existe e PRC.

    Co texto aprobado, a contratación temporal limítase exclusivamente a proxectos financiados con fondos do Mecanismo de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Isto modifica a disposición adicional 5.ª da reforma laboral e garante a súa aplicación íntegra no sector da investigación.

    CCOO lembra que durante o proceso de negociación colectiva —e o posterior traballo en colaboración co Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía— xa se conseguiran cambios notables, como a indemnización por extinción de contrato dos predoutorais e posdoutorais, o recoñecemento do traballo realizado polo persoal investigador como méritos nos quinquenios, a inclusión nun convenio colectivo de todos os contratos e contratos indefinidos asociados a liñas ou grupos de investigación —que vén da man da reforma laboral. 

    Deste xeito, equipáranse os dereitos laborais do persoal investigador aos do resto dos traballadores e traballadoras. Para garantir a correcta aplicación da lei, o sindicato reclamará o seguimento destas contratacións indefinidas na Comisión Técnica de Temporalidade e Emprego.