Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 19 Abril 2024.

Resumo da manifestación na Coruña contra a deslocalización da atención telefónica de Naturgy

  • Amelia Pérez: «Seguiremos saíndo ás rúas para termos traballo digno na nosa terra»

Publicamos o vídeo resumo da manifestación que acolleu a Coruña o luns, 5 de setembro, contra a deslocalización da atención telefónica de Naturgy, que contou con presenza de membros da Executiva Nacional de CCOO.

06/09/2022.

URL | Código para insertar

A presidenta do comité de empresa de Teleperformance, Fina Allegue (CCOO), explica que a deslocalización «é xa un feito». En concreto, «desde onte [domingo] perdéronse cen postos de traballo máis na nosa cidade que foron para o estranxeiro», neste caso a Colombia.

O secretario de Acción Sindical de CCOO, Armando Iglesias, sinala que o sindicato convoca distintas mobiliacións «para defender os dereitos dos traballadores e traballadoras deste sector, tan precarizado nos últimos tempos, cunha deslocalización bestial que está convertendo traballo decente en postos precarios».

Pola súa parte, a secretaria xeral do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, Amelia Pérez, advirte que «seguiremos saíndo ás rúas para termos un traballo decente e digno, para seguirmos tendo traballo na nosa terra».