Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 18 Abril 2024.

CCOO participou na xornada «Mulleres, traballos e coidados» organizada polo CES estatal

    Comisións Obreiras participou este mércores na xornada «Mulleres, traballos e coidados: propostas e perspectivas de futuro», organizada no concello pontevedrés de Marín polo CES estatal. Asistiron tamén a secretaria xeral do Sindicato Nacional de CCOO, Amelia Pérez, e membros da Comisión Executiva Nacional do sindicato.

    14/09/2022.
    En terceiro lugar pola esquerda, Carmela Villaverde (CCOO-Industria)

    En terceiro lugar pola esquerda, Carmela Villaverde (CCOO-Industria)

    A xornada comezou coa presentación do informe do CES estatal que dá nome á xornada, cuxa exposición correu a cargo de Elena Blasco, presidenta da comisión de traballo da realidade social e o traballo das mulleres en España.

    A intervención de CCOO tivo lugar no seguinte bloque, nun coloquio con mulleres do sector do mar en que tomou a palabra Carmela Villaverde, secretaria xeral de CCOO-Industria na comarca de Pontevedra.