Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 16 Abril 2024.

CCOO gaña as eleccións sindicais en Seaga na provincia de Pontevedra

    A candidatura presentada por CCOO gañou as eleccións sindicais na empresa pública de servizos agrarios Seaga na provincia de Pontevedra. Este sindicato logrou todos os delegados e delegadas que se elixían, deixando a CIG sen representación.

    15/09/2022.
    Seaga, empresa pública de servizos agrarios

    Seaga, empresa pública de servizos agrarios

    Tras as anteriores eleccións, no 2018, CCOO contaba con cinco representantes e a CIG con catro. Coa diminución do censo, nesta ocasión elixíanse tres membros para comité de empresa, conseguindo Comisións toda a representación.

    No global de Galicia, elixiranse 21 delegados e delegadas na empresa pública, fronte aos 36 que se escollían hai catro anos. Nas outras tres provincias terán lugar as votacións nos próximos días.