Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 19 Abril 2024.

O metal de Ourense convoca dous días de folga a finais de setembro

    CCOO, CIG e UGT convocan folga no sector do metal en Ourense polo bloqueo na negociación do convenio. O martes, día 20, tivo lugar unha concorrida asemblea de traballadores e traballadoras na que se decidiu por unanimidade convocar dous días de paro a finais de setembro, que se converterán en folga indefinida a partir de outubro.

    22/09/2022.
    Unha multitudinaria asemblea aprobou convocar a folga

    Unha multitudinaria asemblea aprobou convocar a folga

    Tras máis de dez reunións, a patronal segue inamovible na súa última proposta de incrementar o 4 % anual para os exercicios 2022, 2023 e 2024. Ademais, négase a que os aumentos poidan ser revisados ao remate do ano conforme o IPC. Os sindicatos coidan imposible aceptar estas cantidades, xa que condenarían a clase traballadora a unha desvalorización salarial inasumible para poder manter unhas condicións de vida dignas.

    CCOO, CIG e UGT manteñen a súa última proposta, na que esixen un 6,5 % para o ano 2022, un 6,5 % para o ano 2023 e un 5 % para o ano 2024, incluíndo cláusulas de revisión salarial ligadas ao IPC para garantir o poder adquisitivo.

    Os máis de trescentos traballadores e traballadoras que se deron cita na asemblea desta semana acordaron convocar folga para o 28 e o 29 de setembro, que será indefinida a partir do 5 de outubro.