Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Marzo 2024.

Galicia pon en marcha o teléfono específico de atención administrativa xeral e preferente para as persoas maiores de 65 anos

    Este luns, 3 de outubro, comeza a funcionar a Canle +65, a liña de atención preferente da Xunta de Galicia para maiores de 65 anos.

    03/10/2022.
    Teléfono de atención prioritaria para maiores de 65 anos

    Teléfono de atención prioritaria para maiores de 65 anos

    Este servizo está dispoñible no número de teléfono 900 333 666 e pretende achegarlle a Administración a este colectivo, evitando locucións automatizadas e a marcación de opcións no teléfono.

    A Canle +65 inclúe servizos como a cita en atención primaria do Servizo Galego de Saúde, ou a atención nas oficinas de información e rexistro da Xunta de Galicia, así como nas oficinas da Axencia Tributaria de Galicia.