Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 24 Abril 2024.

Programa de mellora da accesibilidade en e ás vivendas

    Desde este mércores, 5 de outubro, e ata o vindeiro 7 de novembro, está aberto o prazo para solicitar as axudas para a mellora da accesibilidade en e ás vivendas para facilitar o seu uso ás persoas con distintas capacidades e a súa integración social. A vixencia do prazo está supeditada, en todo caso, ao crédito orzamentario.

    05/10/2022.
    Axudas para a accesibilidade das vivendas

    Axudas para a accesibilidade das vivendas

    Quen pode solicitar esta axuda?

    - As persoas propietarias ou usufrutuarias de vivendas unifamiliares.

    - As comunidades de persoas propietarias ou as súas agrupacións.

    - As sociedades cooperativas de vivendas integradas por socios cooperativistas que precisen aloxamento para si ou os seus familiares ou as compostas de forma agrupada por persoas propietarias de vivendas ou edificios.

    - As persoas propietarias que, de forma agrupada sexan propietarias de edificios que non tivesen outorgado o título constitutivo de propiedade horizontal.

    - As empresas construtoras, arrendatarias ou concesionarias dos edificios, así como cooperativas, que acrediten a dita condición mediante contrato vixente a suficiente prazo coa propiedade, que lles outorgue a facultade expresa para acometer as obras de rehabilitación obxecto do programa.

    - As persoas arrendatarias de vivendas cando as obras non sexan de obrigada execución pola persoa propietaria e ambas as partes acorden que a arrendataria costee ao seu cargo as actuacións de mellora da accesibilidade, con cargo a parte ou á totalidade da renda arrendaticia.

    Toda a información sobre esta liña de axudas está resumida no documento anexo.