Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 25 Abril 2024.

Desconvocada a folga do metal de Ourense tras lograrse unha suba do 15% en tres anos

    CCOO informa da desconvocatoria da folga do metal da provincia de Ourense tras chegarse a un acordo coa patronal, ratificado polos traballadores e traballadoras en asemblea. O máis salientable é o pacto dun incremento salarial do 15% nos tres anos de vixencia do convenio.

    19/10/2022.
    Votación na asemblea do metal ourensán

    Votación na asemblea do metal ourensán

    No ano 2022, o incremento será do 5%, con carácter retroactivo desde o 1 de xaneiro. Para o próximo ano, o aumento será do 5,5%. Xa para o 2024, a suba será do 4,5%. Tamén se inclúe unha cláusula de revisión con actualización de táboas a xaneiro de 2025, cun máximo do 18%.

    Por outra banda, redúcese a xornada de traballo anual nun día, que ficará consolidado en 2023, quedando a xornada anual en 1776 horas. Haberá outros de libre disposición non consolidables os anos 2023 e 2024.

    CCOO salienta a unidade que as traballadoras e traballadores do sector amosaron neste conflito tras case dúas semanas de folga indefinida.