Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 20 Abril 2024.

Ourense acolle esta semana o XVII Seminario de Atención ás Persoas Maiores que organiza CCOO

    A cidade de Ourense acolle esta semana, entre o martes 25 e o xoves 27, unha nova edición do Seminario de Atención ás Persoas Maiores que organiza CCOO. Nesta décimo sétima edición, algúns dos principais temas de debate serán a situación da sanidade galega, as pensións e as prestacións públicas. A inauguración destas xornadas terá lugar hoxe, martes, ás 9:30, cun saúdo da secretaria xeral comarcal, Ana Barrios, e da secretaria xeral nacional, Amelia Pérez.

    24/10/2022.
    XVII Seminario de Atención ás Persoas Maiores

    XVII Seminario de Atención ás Persoas Maiores

    Temas que se van tratar

    Na xornada de mañá martes, os temas que se tratarán serán as fendas e violencias que afectan as mulleres maiores e cales son as respostas que se han dar desde o ámbito sindical; a fenda das mulleres na saúde mental e as estratexias sindicais para adoptar.

    O martes centrarase na sanidade pública e no actual sistema de coidados, onde CCOO apela á necesidade dun novo modelo. O xoves falarase da memoria e do avellentamento activo, así como das pensións e das prestacións públicas.