Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Marzo 2024.

O 6 de novembro, manifestación en Santiago para «rescatar» a CRTVG e poñela ao servizo do pobo

    O próximo domingo, 6 de novembro, será o punto culminante das mobilizacións iniciadas este outono polos traballadores e traballadoras da Corporación de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG). Ás 12 horas, unha manifestación partirá da praza Roxa de Santiago de Compostela para «rescatar» os medios de comunicación públicos do «secuestro» por parte do PP e poñelos «ao servizo do pobo».

    31/10/2022.

    URL | Código para insertar

    As traballadoras e traballadores, que contan co apoio de CCOO e dunha trintena máis de organizacións sindicais e sociais, denuncian a «deterioración progresiva» da CRTVG e de «abandono das misións que ten encomendadas». Por esta razón, chaman a sociedade galega a «saír ao rescate» dos seus medios de comunicación públicos.

    Así mesmo, manifestan a súa «firme vontade» de defender a existencia dunha radiotelevisión pública que difunda contidos destinados a garantir a cultura e a lingua galegas, a independencia e a veracidade da información, o pluralismo, a cohesión social e territorial, a promoción dos dereitos fundamentais e das liberdades públicas, como a igualdade e a non discriminación, e a calidade da propia democracia.