Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 18 Abril 2024.

CCOO gaña as eleccións sindicais en Aludec, o maior grupo da industria auxiliar do automóbil da comarca de Pontevedra

    Comisións Obreiras (CCOO) gañou as eleccións sindicais en Aludec, o maior grupo empresarial da industria auxiliar do automóbil da comarca de Pontevedra. Os cinco centros de traballo suman máis de 550 traballadoras e traballadores, ademais de numeroso persoal temporal contratado mediante ett que non puido participar no proceso electoral. As candidaturas presentadas por CCOO lograron case a metade das delegadas e delegados que se elixían, concretamente 15 de 33 (45,45 %).

    07/11/2022.
    CCOO gaña as eleccións sindicais en Aludec

    CCOO gaña as eleccións sindicais en Aludec

    Tras CCOO, os seguintes sindicatos con máis representación sindical son a UGT, con 10 (30,3 %); a CIG, con 7 (21,21 %) e a USO, con 1 (3,03 %).

    O proceso electoral comezou días atrás coas votacións nos distintos centros de traballo que o grupo ten no polígono pontevedrés do Campiño e acaba de finalizar coas votacións de 126 traballadores e traballadoras en Aludec S. A. Nestes comicios elixíase un comité de nove membros que ata a data das votacións estaba composto só por representantes da UGT. CCOO conseguiu impoñerse e darlle a volta á situación, conseguindo seis representantes por tres da UGT.

    Desde CCOO salientan que, con estes resultados, o persoal de Aludec decidiu darlle á súa confianza a Comisións Obreiras, que por vez primeira é o máis votado no grupo industrial e, «polo tanto, asumirá un papel determinante na negociación do próximo convenio colectivo».