Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Marzo 2024.

Concentración na Coruña para pedir a derrogación da lei mordaza e o indulto para Pintos

    Os sindicatos CCOO, CIG e UGT rexistraron este luns na Delegación do Goberno (A Coruña) a solicitude formal de indulto para o sindicalista Xesús Anxo López Pintos, condenado pola Audiencia Provincial da Coruña por uns feitos ocorridos durante unha mobilización no ano 2012. Na concentración estiveron presentes a secretaria xeral de CCOO, Amelia Pérez, o secretario xeral da Unión Comarcal de CCOO de Ferrol, José Hurtado, e o secretario xeral da Unión Comarcal de CCOO da Coruña, Cristóbal González, entre outros responsables sindicais.

    14/11/2022.
    Concentración diante da Delegación do Goberno na Coruña para esixir o indulto para Pintos e a derrogación da 'Lei mordaza'

    Concentración diante da Delegación do Goberno na Coruña para esixir o indulto para Pintos e a derrogación da 'Lei mordaza'

    O escrito en que se pide o indulto para Pintos, ex secretario xeral da CIG de Ferrol, vai acompañado de máis de 5500 sinaturas que foron recollidas nos últimos meses, así como apoios ratificados polos plenos municipais de varios concellos da bisbarra, como Ferrol, Narón, Ares, Neda ou Cabanas, e por comités de empresa de distintas empresas da comarca, como Navantia, Mercantabria ou Emafesa.

    Malia que Pintos non entrará en prisión —a Audiencia provincial da Coruña suspendeulle durante dous anos a pena de cárcere—, os sindicatos esixen a derrogación da Lei de seguridade cidadá, nome oficial da lei mordaza, porque supón unha ferramenta para perseguir e criminalizar as protestas sociais.

    De feito, a condena a Pintos chegou despois de ser arrestado no 2012 tras unha protesta en Ferrol no marco das mobilizacións convocadas polos comités de empresa de Navantia para esixir carga de traballo.