Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 25 Abril 2024.

Que pasa este martes 22 en Vigo?

    Tres delegados sindicales do sector naval acoden á xustiza para denunciar os seus despedimentos e defender os seus dereitos e o posto de traballo.

    20/11/2022.
    Represión sindical no naval de Vigo

    Represión sindical no naval de Vigo

    Os tempos da represión sindical semellaban distantes tras 44 anos de democracia española. Dereitos que considerabamos apuntalados, como a negociación sindical, a denuncia da precaridade laboral, a manifestación e a folga, vense seriamente ameazados.

    Os e as sindicalistas, especialmente das Comisións Obreiras, xa foron xulgados, torturados e maltratados polo franquismo, e semella que a historia se repite. Este vindeiro martes, 22 de novembro, vanse celebrar en Vigo tres xuízos a dirixentes sindicais do sector naval, como consecuencia duns inxustificados despedimentos acontecidos durante este ano. Tres procesos que poden parecer inconexos e illados entre si, pero que responden a unha trama empresarial de ataque nítido e frontal ao movemento obreiro e sindical en Vigo e a súa comarca.

    O presidente do comité de empresa do estaleiro Metalships e mais dous delegados do Comité de Empresa da antiga Vulcano (agora Estaleiros San Enrique) acoden á xustiza para denunciar os seus despedimentos. Medidas aplicadas sen ningún motivo máis que o de atentar contra os seus dereitos fundamentais e os da clase traballadora .

    🔴 CCOO convoca o martes, 22 de novembro, ás 10:00 horas (na rolda de don Bosco, onde se celebrarán os xuízos) unha concentración contra a represión sindical, en protesta e denuncia pola política represiva da patronal e para perdir a readmisión dos traballadores despedidos.

    CCOO chama a dar unha resposta obreira, colectiva, solidaria e unitaria en defensa duns dereitos irrenunciables e fundamentais, conquistados ao longo de décadas pola clase obreira organizada.

    MARTES, 22 DE NOVEMBRO, C O N C E N T R A C I Ó N CONTRA A REPRESIÓN SINDICAL

    DESPEDIDOS READMISIÓN➕