Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 18 Abril 2024.

O sector naval da ría de Vigo saíu as rúas para reclamar máis seguridade

    Tamén se solidarizou o persoal de Navantia Ferrol, que parou en apoio á familia, compañeiros e amigos do falecido.

    27/11/2022.

    URL | Código para insertar

    O sector volve berrar «basta xa». É necesario un cambio de rumbo, non só nas mentalidades empresariais, senón nas políticas dun sector con modelos de negocio abocados ao fracaso e sen rumbo fixo. É o momento de reclamar políticas activas en materia de prevención, de reactivar os axentes fiscalizadores, de sentar a todas as partes para acordar o modelo de sector e o seu futuro.

    Cómpre un maior control da Inspección de Traballo sobre as auxiliares piratas que rebrotan no sector; urxe frear o modelo de presión, precarización e baixo custo que algúns tentaron implantar na ría co beneplácito da Xunta e que levou o sector a un modelo de negocio ruinoso, sen futuro e no que se perde a vida traballando.

    No 2021 rexistráronse 1.166.198 accidentes de traballo (AATT), dos cales 601.123 resultaron con baixa e 741 mortais, tal e como se indica nas estatísticas consolidadas de AATT publicadas polo Ministerio de Traballo e Economía Social que recollen os datos definitivos para o conxunto do exercicio.

    CCOO denuncia que o Ministerio de Traballo e Economía Social non pode esperar máis para aprobar a Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo 2022-2027 e debe abrir unha mesa de diálogo social cos axentes sociais para abordar os cambios que permitan recuperar a eficacia ao sistema preventivo español.