Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 24 Abril 2024.

CCOO organizou unha xornada para mozos e mozas menores de 30 anos

    O Departamento da Xuventude do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia organizou en Santiago de Compostela unha xornada formativa para mozas e mozos menores de 30 anos.

    04/11/2015.
    Obradoiro para mozas e mozos

    Obradoiro para mozas e mozos

    Presentou a xornada o secretario xeral, Xosé Manuel Sánchez Aguión, xunto coa responsable do departamento de Xuventude, Mabel Pérez. A seguir tivo lugar o primeiro relatorio, «Comunicación e novas tecnoloxías. A busca de información laboral», a cargo de Xerardo Uz, xefe de prensa de CCOO de Galicia.

    A continuación produciuse un coloquio sobre a materia tratada e, a seguir, desenvolveuse un obradoiro sobre boas prácticas na rede, novamente a cargo de Xerardo Uz.Tras a pausa-café, a secretaria de Emprego, Maica Bouza, expuxo o relatorio «Situación do emprego en Galicia, viveiros de emprego, alternativas empresariais, autoemprego», e posteriormente un obradoiro sobre a procura de traballo na rede.

    Por último, Mabel Pérez disertou sobre os conceptos de liderado e empoderamento, con especial atención ás mulleres, e dirixiu un obradoiro sobre recursos persoais para favorecer o liderado e o empoderamento persoal, social e institucional.