Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Marzo 2024.

CCOO apoia o persoal do Diario de Pontevedra nas mobilizacións por un salario e un convenio dignos

    Manifestaron o seu rexeitamento ás medidas de axuste que aplicou a empresa nos últimos anos e demandaron que se retomen as negociacións do convenio e a actualización dos salarios.

    30/11/2022.
    persoal do Diario de Pontevedra

    persoal do Diario de Pontevedra

    Fronte á sede do xornal concentrábase o persoal portando unha pancarta coa consigna: «Convenio digno, salario xusto».

    A pretensión do grupo de comunicación, propietario tamén de El Progreso, é manter as medidas de axuste na minoración do gasto de persoal e, por tanto, continuar coa conxelación salarial. As mobilizacións manteranse cunha manifestación o 14 de decembro e a convocatoria dunha folga indefinida antes de rematar o ano.

    CCOO apoia os traballadores e traballadoras nas súas reivindicacións e demándalle á patronal do Diario de Pontevedra que atenda as propostas de negociación do persoal, por un convenio digno e un salario xusto.