Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 16 Abril 2024.

CCOO reivindica o papel do diálogo social para mellorar o emprego das persoas con discapacidade

    Desde CCOO reivindicamos a negociación colectiva como instrumento eficaz para mellorar a situación laboral de todas as persoas, e afirmamos a necesidade de apostar por ese diálogo para mellorar a situación das persoas con discapacidade. Para iso, todas as partes deben comprometerse, especialmente as Administracións, que non puxeron as medidas facilitadoras suficientes para ter un diálogo permanente nesta materia, chegando a obviar, en ocasións, o papel das organizacións sindicais e empresariais.

    02/12/2022.
    3 de decembro, Día internacional das persoas con discapacidade

    3 de decembro, Día internacional das persoas con discapacidade

    Para iso, cómpre recoñecer os avances e, á vez, a necesidade de mellorar as políticas de emprego de persoas con discapacidade, sobre todo incorporando mecanismos de seguimento, avaliación e cumprimento das políticas.

    Desde CCOO esiximos o cumprimento efectivo da lexislación vixente, en particular da cota de reserva do 2 % no emprego ordinario. Así como o reforzamento da idea de que o emprego protexido ten como principal obxectivo ser o paso previo á incorporación das persoas con discapacidade ao emprego ordinario. Para que isto se produza de maneira efectiva, os interlocutores sociais, xunto coa Administración, deberán desempeñar un papel de supervisión, orientando de forma máis eficaz as axudas económicas.

    CCOO vén demandando a necesidade de protexer os dereitos das persoas con discapacidade para que se encontren en igualdade de condicións coas demais; a necesidade de promover condicións de traballo xustas e favorables e, en particular, a igualdade de oportunidades e de remuneración de todas as persoas, especialmente as deste colectivo, e que teñan condicións de traballo seguras e saudables.

    Ademais, CCOO reivindica que as persoas con discapacidade teñan acceso efectivo a programas xerais de orientación técnica e vocacional, a servizos de colocación (e recolocación) e formación profesional e continua; que se lles dea apoio real para a busca, obtención, mantemento do emprego e retorno a el; que se incremente o emprego de persoas con discapacidade no sector público, que se realicen e supervisen os axustes razoables, etc.

    CCOO reivindica o papel do diálogo social para mellorar o emprego das persoas con discapacidade, deseñando unha estratexia de emprego que teña en conta as necesidades das traballadoras e os traballadores con diversidade funcional. Esta política debe procurar un incremento da contratación de persoas con discapacidade, priorizando o emprego ordinario sobre o protexido e evitando medidas de substitución.