Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 20 Abril 2024.

Normalizar a migración, avanzar en dereitos

18D. Día Internacional da Persoa Migrante

    Na conmemoración do Día Internacional da Persoa Migrante, o 18 de decembro, COMISIÓNS OBREIRAS insiste na necesidade de entender as migracións como un factor normal en calquera sociedade contemporánea.

    16/12/2022.
    Normalizar a migración, avanzar en dereitos

    Normalizar a migración, avanzar en dereitos

    Nesta liña, cómpre articular un discurso normalizado e normalizador das migracións, pois non se pode entender ningunha sociedade contemporánea (tampouco a española) sen a achega cotiá da poboación migrante.

    Porén, respecto ás migracións por causas económicas e laborais, debemos insistir en que o seu desenvolvemento xurídico normativo ha ser asumido desde mecanismos de diálogo social, que permitan a contribución construtiva dos axentes sociais no deseño das políticas migratorias laborais: a recente aprobación unilateral por parte do Goberno de España da reforma parcial do Regulamento de desenvolvemento da lei de estranxeiría é un mal exemplo que non debe repetirse, se se quere manter a senda de diálogo tripartito que tantos froitos deu en España desde 2004.

    Teimamos en lle reclamar ao Goberno a preservación de canles efectivas de diálogo social en migracións, que axuden a manter a xestión eficaz dos fluxos migratorios que chegan a España por razóns laborais, analizando as necesidades reais do mercado de traballo e contrastando a situación de determinados sectores laborais e ocupacións, para evitar visións (vantaxistas e interesadas) sobre a chegada de poboación traballadora migrante.

    Canto á protección internacional, desde CCOO seguimos esixindo a aprobación do Regulamento de desenvolvemento da Lei de protección internacional para adecuar a praxe cotiá ás situacións novas que se están producindo.

    No ámbito da UE percibimos un cambio de perspectiva nas propostas da Comisión que veñen a desenvolver o Pacto de Migración e Asilo de 2020: así, a idea do valor intrinsecamente positivo —e necesario— das migracións para os Estados membros da UE e a necesidade de asumir as políticas migratorias desde unha óptica construtiva colectiva.

    Desde a perspectiva da protección internacional, a resposta dada desde a UE ás persoas que fuxiron da guerra en Ucraína debe ser —necesariamente— un punto de inflexión que marque un antes e un despois na política de protección da UE, facilitando a resposta inmediata e eficaz en hipotéticas crises que se poidan producir.

     

    Neste Día Internacionalda Persoa Migrante,CCOO insiste na necesidadede que as políticas migratoriasse centren nos dereitos humanos, e non unicamenteen razóns de seguridade,que se demostran inxustase inhumanas.