Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Marzo 2024.

CCOO defende un SMI de 1082 euros que beneficiará ao redor de 2,27 millóns de traballadores e traballadoras

    Os efectos dunha suba do SMI a 1082 euros brutos mensuais en 14 pagas poñerían a Galicia como quinta comunidade autónoma con maior incidencia no SMI que CCOO demanda. Informe👉 aquí📕

    27/12/2022.
    Incidencia da subida por CCAA. Gab. econ. Confederación CCOO

    Incidencia da subida por CCAA. Gab. econ. Confederación CCOO

    O Gabinete Económico confederal de CCOO realizou unha análise sobre o impacto da subida do SMI a 1082 euros, concluíndo que beneficiará ao redor de 2,27 millóns de persoas asalariadas, sen efectos negativos sobre o emprego e contribuíndo a unha mellora da cohesión social.

    A estimación feita polo Gabinete conclúe que esta subida do SMI beneficiará ao redor de 2.272.000 persoas asalariadas, da cales 1.926.000 traballan a tempo completo e 348.000 traballan a tempo parcial.

    O aumento do SMI axudará a pechar a fenda salarial entre xéneros. Do total de persoas beneficiarias a tempo completo, o 57,5 % son mulleres e o 43,5 %, homes.

    As persoas máis novas estarán entre as máis beneficiadas pola subida. O 31,7 % da poboación de 16 a 24 anos que traballa a xornada completa e o 19,2 % da poboación de 25 a 34 anos que traballa a xornada completa veranse beneficiadas pola subida.

    O 46,9 % da poboación asalariada a xornada completa na agricultura verase beneficiada pola subida do SMI. No sector dos servizos, que concentra o groso da poboación beneficiada (77 %), o 14,5 % de persoas asalariadas a xornada completa mellorarán os seus ingresos.

    O 21,6 % das persoas asalariadas con contrato temporal beneficiaranse da subida, fronte a un 11,5 % dos contratos indefinidos. Así pois, o perfil da principal beneficiaria da subida do SMI será unha muller entre 16 e 34 anos cun contrato temporal, que traballa na agricultura ou o sector dos servizos e que vive en Andalucía.

    CCOO lembra que, como recolle o segundo informe da Comisión Asesora para a Análise do SMI, o impacto das subidas do SMI sobre o emprego no contexto internacional e nacional permite concluír que «as subidas tiveron un impacto marxinal sobre o crecemento do emprego, minorando, no peor dos casos, de forma moi pouco intensa o seu aumento, á vez que contribuíron a reducir a pobreza e a desigualdade».

    Así mesmo, o Gabinete Económico de CCOO sinala que o salario mínimo español, a pesar dos seus recentes aumentos, segue estando na parte baixa da clasificación de países da OCDE.