Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Marzo 2024.

Folga na empresa Avenir Conseil Formación Vigo (ACF)

    A folga indefinida esta convocada para o próximo luns, día 9, ás 00.00 h, ante os incumprimentos de acordos e os plans da compañía de deslocalizar os seus recursos a outros territorios como Marrocos.

    08/01/2023.
    Avenir Conseil Formación Vigo vai á folga

    Avenir Conseil Formación Vigo vai á folga

    A empresa presta os servizos informáticos para Stellantis en todo o mundo. Ten declarado na actualidade un conflito por ameaza de deslocalización, soldos conxelados desde 2019 e problemas de desigualdade para facilitar a conciliación e o descanso.

    O persoal de operacións, que se encarga de vixiar a produción na parte informática, é o máis afectado: «teñen que estar operativos as 24 horas dos sete días da semana», denunciou Sara Mariño, delegada sindical de CCOO na empresa.

    A representación legal das traballadoras e traballadores acadou un acordo de xornada, conciliación e descanso en xaneiro de 2022; pero de pouco valeu porque non se está cumprindo e a dirección da empresa non quere dialogar nin negociar. «Non hai transparencia nin comunicación, non cumpriron nada do acordado», afirma Sara, que ve no teletraballo certo alivio na situación polo custo que ten o desprazamento coa suba dos prezos. «O teletraballo ao 100 % concedéuselle ao persoal da planta de Marrocos», lembrou Sara Mariño.

    A folga indefinida está convocada para o próximo luns, día 9, ás 00.00 h.