Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Marzo 2024.

Comeza a folga indefinida para rexeitar os despedimentos na empresa da automoción TBSI

    Este luns, 9 de xaneiro, comeza a folga indefinida en TBSI, empresa do Porriño empresa especialista na fabricación de pezas de plástico por inxección para o sector da automoción. Un dos seus principais clientes é Stellantis, a antiga PSA Vigo. CCOO apoia esta folga, convocada para rexeitar os despedimentos producidos na compañía tras a externalización de servizos. 

    09/01/2023.
    O comité de empresa de TBSI (O Porriño) rexeita os despedimentos

    O comité de empresa de TBSI (O Porriño) rexeita os despedimentos

    «A empresa non nos ofrece ningunha solución, o único que pretende é despedirnos», manifesta Iria Pintos, delegada sindical de CCOO na empresa; porén, aposta pola presión e a acción sindical para «evitar os despedimentos» porque a empresa ten futuro e debe manterse no Porriño.

    Desde primeiras horas da mañá, delegadas e delegados sindicais concentráronse fronte a ocentro de traballo, situado no polígono da Granxa.

    TB Spain Injection, S. L. (TBSI) no Porriño (Pontevedra) pertence ao grupo francés TBI. A porriñesa é unha empresa especialista na fabricación de pezas de plástico por inxección para o sector de automoción. Os produtos fabricados na planta do Porriño incorpóranse no funcionamento dos asentos de coches, os cables eléctricos e os compartimentos de motores que son integrados nos vehículos producidos maioritariamente polas marcas de Stellantis (Citroën, Peugeot e Opel, entre outras).