Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Marzo 2024.

Axuda de 200 euros ás familias con menos recursos para compensar a suba dos prezos

    Do 15 de febreiro ao 31 de marzo poderase solicitar a axuda de 200 euros para contribuír a que as familias con menos recursos poidan compensar a suba dos prezos. CCOO edita unha folla informativa explicando as principais características e requisitos desta axuda.

    09/01/2023.
    Información sobre axudas e subvencións vixentes

    Información sobre axudas e subvencións vixentes

    A axuda consiste nun pagamento único de 200 euros ás persoas físicas con baixo nivel de ingresos, co fin de paliaro efecto prexudicial nos prezos ocasionado pola crise enerxética derivada da invasión de Ucraína.

    Poden optar a ela as persoas físicas que durante o exercicio 2022 realizasen unha actividade por conta propia ou allea pola cal estean dadas de alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou mutualidade, ou fosen beneficiarias da prestación ou subsidio por desemprego, sempre que en 2022 percibisen ingresos íntegros inferiores a 27.000 euros anuais e tivesen un patrimonio inferior a 75.000 euros anuais no 31 de decembro de 2022.

    Non a poderán solicitar as persoas que, no 31 de decembro de 2022, perciban o ingreso mínimo vital ou pensións aboadas polo réxime xeral e os réximes especiais da Seguridade Social ou polo réxime de clasespasivas do Estado, así como as que perciban prestacións análogas recoñecidas, pero non integradas nestes réximes.

    Tampouco poderán acceder a ela as persoas administradoras de dereito dunha sociedade mercantil que non cesasen na súa actividade no 31 de decembro de 2022.

    Solicitudes e prazos

    A solicitude presentarase na Sede Electrónica da Axencia Estatal de Administración Tributaria cubrindo o formulario electrónico que para ese efecto poña a disposición. O prazo será desde o 15 de febreiro ata o 31 de marzo de 2023. Nel deberá figurar, necesariamente, a conta bancaria do titularda solicitude na que se desexe que se realice o aboamento. Será necesario dispor deCl@ve ou certificado electrónico para realizar o trámite.

    Máis información na folla informativa editada por CCOO. Está anexa a esta nota e tamén accesible picando aquí.