Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 19 Abril 2024.

Amelia Pérez participa no acto en apoio ao futuro industrial e forestal de Galicia en Pontevedra

    A CCOO preocúpalle o futuro dos traballadoras e traballadores de ENCE, das industrias auxiliares, transportistas, empresas de subministración e persoal do sector forestal.

    03/02/2023.

    URL | Código para insertar

    Ante a inminente resolución xudicial o vindeiro martes, día 7, unha ampla representación empresarial e institucional reuniuse nun acto público na sede de Afundación de ABANCA en Pontevedra para defender a continuidade da factoría ENCE en Lourizán (Pontevedra).

    Participaron o secretario da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), José Manuel Maceira Blanco; o presidente da Federación Empresarial de Serradoiros e Rematantes de Madeiras de Galicia (Fearmaga), Elier Follea Ureña; o xerente da Agrupación Industrial da Madeira de Galicia, Ricardo González Iglesias; o director do Porto de Marín, Miguel Navarro Veroz; a presidenta do Pontevedra Club de Fútbol en representación das entidades deportivas, Guadalupe Murillo Solís, e a secretaria xeral do sindicato Comisións Obreiras en Galicia, Amelia Pérez Álvarez, entre outros.

    As repercusións do peche de ENCE en Pontevedra atanguerían, tamén, a todo o sector dos servizos da comarca pontevedresa: hostalaría, comercio, actividades profesionais de xestión, empresas de lecer, etc. A perda desta actividade económica provocaría unha profunda crise, coa destrución de miles de postos de traballo directos e indirectos.

    «A actividade industrial é sostible e, polo tanto, a súa riqueza é perfectamente compatible co respecto e o coidado do medio ambiente, así como coas actividades relacionadas co mar», dixo Amelia Pérez, secretaria Xeral de CCOO-Galicia.

    «Non somos só as máis de cinco mil familias que vemos gravemente ameazada a nosa forma de vida e o noso sustento, senón tamén unha cidade e unha comarca que dificilmente poderían repoñerse dun golpe como o peche da súa principal industria», sinalaron Manuel Rivas e Ana Cedeira, presidente e presidenta dos comités de empresa de ENCE por CCOO. «Porque, por moito que se queira desviar a atención, estase a defender os postos de traballo e o futuro de numerosas familias que dependen directa ou indirectamente da continuidade de ENCE en Lourizán», rematou dicindo a representación do persoal que traballa en ENCE.