Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 20 Abril 2024.

A secretaria xeral de Galicia, Amelia Pérez, e Xosé L. G. Pedrosa, da Unión Comarcal de Pontevedra, valoran en conferencia de prensa a sentenza favorable á continuidade de ENCE en Pontevedra

    Unha vez máis, CCOO pon no centro da acción sindical os intereses dos traballadores e traballadoras deste país.

    09/02/2023.

    URL | Código para insertar

    CCOO ten denunciando en moitas ocasións o serio perigo que corren os sectores industriais no Estado, que levan anos acusando o abandono institucional. A deterioración é tal que, se no ano 2000 a industria representaba o 19 % do PIB, hoxe en día só supón o 15 %, moi lonxe do obxectivo que expón a Unión Europea de que a actividade produtiva achegue o 20 %. Durante o ano pasado desapareceron 3176 empresas de sectores industriais (un 2 % do total), co que iso supón canto a destrución de emprego nun sector que hoxe ocupa o 14 % dos traballadores e traballadoras do noso país.

    A contribución do PIB industrial sobre o total en Galicia é lixeiramente superior á media de España, pero cada vez está máis lonxe o obxectivo de que a industria alcance unha contribución ao PIB tanto estatal como galego do 20 %.

    Industria forestal

    Con máis de 2000 millóns de facturación e 21 000 empregos, o aproveitamento e transformación da madeira constitúe un sector fundamental da economía galega. O sector adoita asociarse principalmente á actividade de Ence coa produción de pasta de papel. As aplicacións para a construción ou para a xeración eléctrica con biomasa ofrecen posibilidades de diversificación ao sector.

    A industria, no centro da nosa acción

    O peche de ENCE sería só unha estatística para algúns, mais para a nosa organización é un problema. «As Comisións Obreiras, dende o minuto un, puxemos enriba da mesa que a prioridade era a defensa dos postos de traballo», afirmou a secretaria xeral de CCOO de Galicia, Amelia Pérez.

    Xa na visita e reunión de apoio aos comités de empresa de ENCE en Lourizán-Pontevedra, o pasado mes de febreiro, o secretario xeral da Confederación de CCOO, Unai Sordo, indicou que «nestas situacións, nós mollámonos e todas as institucións teñen que facer o propio», e avogou pola compatibilidade do cumprimento das normas ambientais coa actividade produtiva e a creación de emprego, á vez que criticou a postura dos gobernos e censurou que, nestes asuntos, «se escusen e se poñan de perfil».

    Pero, malia o triste pasado e o papel dalgúns axentes sociais e dos Gobernos do Concello de Pontevedra e do Estado, CCOO prefire mirar ao futuro e centrarse nas oportunidades laborais e de investimentos que se lle deben exixir á empresa, pero todas pasan por que o Goberno local tome medidas en positivo e cambie o rumbo de ataque directo aos traballadores e traballadoras de ENCE.

    👉 Intervención da Secretaria Xeral do Sindicato Nacional de CCOO en Galicia

    Audios asociados

    Intervención Amelia Pérez Rolda de Prensa permanencia ENCE-Pontevedra