Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Marzo 2024.

Solidariedade de CCOO coas vítimas do terremoto en Turquía e Siria

    A crítica situación humanitaria vese agravada polo escenario político en ambos os países, o que dificulta aínda máis que as vítimas teñan acceso á axuda internacional.

    16/02/2023.
    Solidariedade coas vítimas do terremoto de Turquía e Siria

    Solidariedade coas vítimas do terremoto de Turquía e Siria

    Por este motivo, e para garantir que a solidariedade das persoas de CCOO chegue ao seu destino, no caso de Turquía imos transferir o diñeiro recadado ao noso sindicato irmán turco DISK, para a adquisición do material que consideren máis necesario. 

    A axuda a Siria imos xestionala a través da ONG Consello Noruegués para os refuxiados, que traballa desde hai anos no terreo e ten unha intachable reputación.

    Solidariedade de CCOO coas vítimas do terremoto en Turquía e Siria.

    Podes realizar a túa doazón por trasferencia bancaria a esta conta 

    IBAN: ES22 2100 5731 7202 0000 3657SWIFT / BIC: CAIXESBBXXX

    Esta conta é específica para recibir as doazóns.