Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Marzo 2024.

CCOO e a Fundación 10 de Marzo homenaxearon hoxe a Xosé Paraños Pardo, Elías Vila Calveira (in memóriam) e as Mulleres do 72

    01/03/2023.
    Premios 10 de Marzo 2023

    Premios 10 de Marzo 2023

    Este sábado, Comisións Obreiras e a súa Fundación entregaron os Premios 10 de Marzo que recoñecen a traxectoria en defensa dos dereitos laborais e a loita polas liberdades de Xosé Paraños Pardo, Elías Vila Calveira (in memóriam) e as Mulleres do 72. 

    Os Premios 10 de Marzo 2023 entregaranse en Santiago de Compostela, ás 11:30 horas, no Hotel Oca Puerta del Camino, coa presenza da secretaria xeral do Sindicato Nacional de CCOO Obreiras de Galicia, Amelia Pérez, e o Presidente da Fundación 10 de Marzo, Xan María Castro.

    Por acordo da Comisión Executiva Nacional, nesta edición serán homenaxeadas as seguintes persoas, atendendo as propostas achegadas dende o conxunto de organizacións que compoñemos o Sindicato Nacional de CCOO de Galicia:

    • José Paraños Pardo
    • Elías Vila Calveira (in memóriam)
    • Mulleres do 72

    Coma sempre, as familias, compañeiros e compañeiras estiveron preto dos persoas galardoadas, xunto ás autoridades invitadas: conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Xesús Lorenzana Somoza; presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais, Antía Sández Callejo; presidente do Consello Económico e Social, Agustín Hernández Fernández; directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha Montero de Espinosa; director territorial da Inspección de traballo, Demetrio Fernández López; secretaria xeral da UGT de Santiago-Barbanza e os ex secretarios xerais de CCOO Galicia, Xan María Castro, Xosé Manuel Sánchez e Ramón Sarmiento.

    👉Ligazón Youtube, Entrega de premios.

    📷Galería imaxes: