Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 20 Abril 2024.

CCOO entrega ao Ministerio de Sanidade máis de 15.000 sinaturas en apoio ao recoñecemento dos celadores e celadoras como persoal sanitario

    O sindicato. esixe o recoñecemento de celadores e celadoras como persoal sanitario no sistema nacional de saúde (SNS), así como a actualización das súas funcións.

    15/03/2023.
    Sindicalistas de CCOO- FSS diante do Ministerio

    Sindicalistas de CCOO- FSS diante do Ministerio

    Coa entrega destas máis de 15.000 sinaturas, a Federación de Sanidade e Sectores Sociosanitarios de CCOO (FSS-CCOO) quere reivindicar a figura do persoal celador como parte activa dos equipos de traballo sanitario. Este sindicato esixe ao Ministerio de Sanidade a actualización das funcións deste colectivo, xa que están obsoletas co Estatuto de Persoal non sanitario de 1971; algo que debe ir acompañado da creación do título de Formación Profesional para o desenvolvemento das súas competencias, imprescindibles dentro do contexto da sanidade.

    Celadores e celadoras no grupo C2

    Por outro parte, CCOO segue reivindicando, para que o colectivo de celadores e celadoras se encadre de maneira definitiva no grupo C2 de clasificación profesional, que Sanidade plasme o acordo que esta organización asinou co Estado para unha Administración do Século XXI, e no que un dos puntos acordados é a reclasificación do persoal estatutario segundo a súa titulación académica, tal e como establece o artigo 76 do EBEP. Isto, ademais, supoñería encadrar a celadores e celadoras dentro do nivel 2 de cualificación profesional, que levaría a profesión para ser considerada como persoal sanitario, evitando o menosprezo que se fixo deste colectivo durante a pandemia, cando foi excluído nun primeiro momento da utilización de equipos EPI ao non ser considerado persoal de alto risco. 

    ➕información: https://sanidad.ccoo.es/noticia:658628--La_FSS_CCOO_entrega_a_Sanidad_mas_de_15_000_firmas_en_apoyo_a_la_actualizacion_de_las_funciones_de_celadores_y_celadoras_y_su_reconocimiento_como_personal_sanitario&opc_id=cf1c4d090b2cc3f07c6017fa7ec0ce2d