Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 24 Abril 2024.

Mobilizacións na comarca de Vigo contra as externalizacións de Benteler

    O comité de empresa de Benteler convoca esta semana concentracións nos polígonos de Mos e de Valadares (Vigo) contra as externalizacións que pretende levar a cabo a compañía.

    22/03/2023.
    Concentracións en defensa do emprego directo en Benteler

    Concentracións en defensa do emprego directo en Benteler

    Esta multinacional do sector da automoción está nun proceso de externalización das tarefas loxísticas a outra empresa, Ilunion, e do departamento de calidade a unha empresa de traballo temporal.

    As mobilizacións comezaron xa este mércores, 22 de marzo, de 13 a 15 horas. Continuarán o xoves e o venres no mesmo horario.