Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Marzo 2024.

CCOO-Servizos revalida a maioría no comité de empresa de Alcampo en Ferrol

    Comisións Obreiras (CCOO) revalida a maioría no comité de empresa de Alcampo en Ferrol. Repítense os resultados das anteriores eleccións sindicais, ao conseguir CCOO cinco dos trece representantes do órgano (38,46 % da representación), fronte a catro da UGT e outros tantos de Fetico.

    24/03/2023.
    CCOO gañou novamente as eleccións sindicais en Alcampo Ferrol

    CCOO gañou novamente as eleccións sindicais en Alcampo Ferrol

    A foto final do proceso é idéntica á de hai catro anos, polo que o sindicato lle agradece ao persoal de Alcampo Ferrol «o apoio amosado neste proceso electoral».

    Desde a Federación de Servizos de CCOO salientan o traballo realizado polos compañeiros e compañeiras da organización nos últimos catro anos, período en que se superou unha pandemia e se fixo «un traballo moi duro para preservar a saúde do persoal, sen que se producise ningunha incidencia grave que afectase ás condicións de traballo».

    Candidatura Colexio de técnicos Colexio de especialistas TOTAL
    CCOO 2 3 5
    UGT 2 2 4
    Fetico 2 2 4
    TOTAL 6 7 13