Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 20 Abril 2024.

Renda 2022: a cota de afiliación a CCOO é deducible na declaración da renda

    A cota de afiliación a CCOO é un gasto que podes deducir cando realices a túa declaración anual da renda. Este importe non aparece no borrador de Facenda en cumprimento da Lei de protección de datos, polo que deberás poñer a cantidade que pagaches pola cota sindical no espazo reservado a «cotas satisfeitas a sindicatos».

    14/04/2023.
    Tíralle proveito á túa afiliación

    Tíralle proveito á túa afiliación

    Esta dedución pode supoñer un aforro na cota de entre o 20 e o 35 %, dependendo dos casos. A cota de afiliación a CCOO é un gasto que podes deducir cando realices a túa declaración anual da renda. Este importe non aparece no borrador de Facenda en cumprimento da Lei de protección de datos, polo que deberás poñer a cantidade que pagaches pola cota sindical no espazo reservado a «cotas satisfeitas a sindicatos».

    Non é necesario achegar documentación acreditativa, salvo que Facenda o solicite con posterioridade; de se dar esa circunstancia, o xustificante de pagamento son os mesmos recibos bancarios ou de nómina que xa tes. Para máis información, podes dirixirte ao sindicato.

    O certificado do importe das cotas satisfeitas a CCOO en 2022 remitiuse por correo electrónico a toda a afiliación entre os pasados días 16 e 17 de marzo. Se non o recibiches, podes obtelo por estas dúas vías indicando o teu NIF (sen letra):

    1. Solicitar que cho envíen por correo electrónico no correo: info@uar.ccoo.es
    2. Desde esta mesma web, indo á «Zona afiliación» (*) que atoparás na cabeceira da páxina (ou picando aquí) e descargalo.

    Para consultar outras vantaxes de estares afiliado/a, visita esta páxina.

    CITA PREVIA NA AXENCIA TRIBUTARIA

    Pódeste informar sobre o procedemento de cita previa na Axencia Tributaria na seguinte ligazón:

    https://sede.agenciatributaria.gob.es/Sede/gl_es/procedimientoini/GC29.shtml


    (*) Se non lembras ou non tes clave de acceso, na mesma páxina podes solicitala indicando a túa data de nacemento, NIF (sen letra) e correo electrónico para que che envíen contrasinal. Este proceso é inmediato.