Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 20 Abril 2024.

Asamblea polo acordo de pensións, Día da Saúde e a Seguridade no Traballo e a celebración do 1.º de Maio

    O mércores 18, ás10 horas, imos celebrar unha asemblea no salón de actos do edificio sindical, na rúa Pasantería de Pontevedra, na que se explicará o acordo de pensións e as celebracións do 1.º de Maio e o Día da Saúde e a Seguridade no traballo.

    16/04/2023.
    Asemblea de delegados e delegadas. Acordo de pensións e 1.º de maio

    Asemblea de delegados e delegadas. Acordo de pensións e 1.º de maio

    O obxecto da asemblea é ampliar a información que temos para desmontar a campaña de difamacións que está a realizar, entre outros, a CIG sobre o acordo de pensións. Só hai que recordar que a CEOE e a CIG van da man na oposición a un acordo que garante o futuro dunhas pensións dignas.

    Calendario de próximas actividades de CCOO Pontevedra

    • 18 de abril: asemblea de delegados e delegadas.
    • 28 de abril: Día da Saúde e a Seguridade no Traballo. Concentración ás 11 horas diante do monumento aos mortos do Villa de Pitanxo, en Marín.
    • 1.º de Maio: manifestación ás 11 horas, con saída da praza da Ferrería.

    A Unión Comarcal de CCOO en Pontevedra insta a asistir a todas estas actividades, que son moi importantes para que se visualice a acción das persoas traballadoras.