Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Marzo 2024.

CCOO de Pontevedra presenta os actos polo do 28 de abril e 1.º de Maio

    É relevante a concentración en Marín no monumento ás vítimas do 'Villa de Pitanxo', onde pretendemos simbolizar o rexeitamento a todos os accidentes de traballo.

    26/04/2023.
    Momento da conferencia de prensa dos membros da executiva

    Momento da conferencia de prensa dos membros da executiva

    A Unión Comarcal de CCOO de Pontevedra convoca unha conferencia de prensa no salón de actos do Edificio Sindical de Pontevedra, para dar a coñecer os actos convocados polo sindicato con ocasión do Día Internacional da Saúde e a Seguridade no Traballo (28 de abril) e a celebración do 1.º de Maio.

    • Entre eles ten relevancia a concentración en Marín no monumento ás vítimas do Villa de Pitanxo, onde pretendemos simbolizar o rexeitamento a todos os accidentes de traballo. Ás 12.30 horas, concentración no monumento ás vítimas do Villa de Pitanxo (Marín) no día Internacional da Saúde e a Seguridade no traballo. Depositaremos unha coroa de flores no monumento (ao fondo do paseo Antonio Blanco, mirando para a illa de Tambo).
    • Luns, 1 de maio, ás 11 h: manifestación de CCOO que sairá da praza da Ferrería. 

    Tamén convocamos mobilizacións polos seguintes conflitos:

    • Xoves 27, 11 h: concentración na Estación de Autobuses (folga do transporte de viaxeiros).
    • Concentración do persoal da Autoridade Portuaria de Marín (pendente hora).
    • Venres 28, 11 h: concentración na Estación de Autobuses (folga de transporte de viaxeiros).