Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Marzo 2024.

Concentración diante do Parlamento o 9 de maio para esixir a mellora da atención primaria

    A Plataforma SOS Sanidade Pública, da que forma parte o Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, convoca unha nova mobilización o vindeiro 9 de maio. Será unha concentración ás 10 da mañá fronte ao Parlamento de Galicia, en Santiago de Compostela, para expresar o apoio cidadán á iniciativa lexislativa popular (ILP) en defensa da atención primaria.

    04/05/2023.
    SOS Sanidade Pública denuncia a falta de servizo de pediatría en boa parte dos concellos galegos

    SOS Sanidade Pública denuncia a falta de servizo de pediatría en boa parte dos concellos galegos

    Desde a Plataforma denuncian que a Xunta de Galicia segue sen cubrir os servizos mínimos nos centros de saúde. A situación é preocupante no caso da atención pediátrica debido a que nin se están a cubrir as xubilacións, nin se cobren as vacacións ou os días de asuntos propios.

    Isto desemboca nunha situación en que máis do 10 % das nenas e nenos non teñen este servizo no seu concello, segundo os datos que o propio Goberno galego lle facilitou á valedora do pobo. Deste xeito, as familias vense obrigadas a se desprazar a outras localidades, «chegando nalgúns casos a faceren traxectos de máis dunha hora en coche», advirte SOS Sanidade.

    Ademais, a Plataforma denuncia o «débil argumento» do conselleiro do ramo, Julio García Comesaña, segundo o cal «unha ratio de 108 nenos por pediatra non é eficiente». A organización ve nestas palabras a constatación de que a Xunta «pretende que aceptemos que o concepto de rendibilidade debe estar por riba dos dereitos e necesidades dos pacientes».