Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Marzo 2024.

CCOO reafírmase como primeira forza nas eleccións sindicais do Sistema Universitario de Galicia

    A falta de coñecerse os resultados definitivos, CCOO-Ensino mellora resultados nas eleccións sindicais das tres universidades galegas e reafírmase como primeira forza no Sistema Universitario Galego.

    11/05/2023.
    CCOO, primeira forza sindical no Sistema Universitario Galego

    CCOO, primeira forza sindical no Sistema Universitario Galego

    Cos resultados provisionais, CCOO conseguiu 67 delegados e delegadas, o 31% dos totais, mentres que o segundo sindicato, a CIG, logrou 58 (26,85 %). Xa a maior distancia aparecen a CSIF, con 40 (15,51 %), e a UGT, con 37 (14,13%). As restantes candidaturas lograron 14 representantes.

    CCOO aumenta o número de delegados e delegadas no conxunto de persoal docente investigador (PDI) e de administración e servizos (PAS), revalidando a posición como a organización sindical con maior representación nas universidades de Galicia.

    A Federación do Ensino agradécelles a todos os traballadores e traballadoras das universidades, tanto docentes como non docentes, o seu apoio ás candidaturas presentadas polo sindicato.