Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Marzo 2024.

Desconvocada a folga en Urbaser-Santiago tras chegarse a un acordo

    O comité de empresa de Urbaser en Santiago decidiu desconvocar a folga prevista para esta semana na cidade, coincidindo coas festas da Ascensión. Fíxoo após chegarse a un acordo, ratificado na asemblea de traballadores e traballadoras. O pacto foi posible grazas a que se atenderon case todas as demandas do comité relativas aos incumprimentos da concesionaria do servizo de limpeza viaria e recollida do lixo.

    16/05/2023.
    Concentración do persoal de Urbaser-Santiago en maio do 2022

    Concentración do persoal de Urbaser-Santiago en maio do 2022

    Neste sentido, adecuaranse os vestiarios femininos dos distintos lugares de traballo, o traballo os días 24 e 31 de decembro —festivos de convenio— pagarase con 75 euros brutos cada noite para aqueles traballadores ou traballadoras que non os poidan gozar por necesidades do servizo.

    Tamén se chegou a un acordo de promoción interna para o noso servizo de recollida selectiva no casco histórico compostelán.

    Así mesmo, houbo consenso sobre o traballo en domingos e festivos, a bolsa de espera e contratación ou a rotación no uso de máquinas varredoras e lavadoras da vía.