Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Marzo 2024.

Condenan ao Goberno do Concello de Pontevedra en seis ocasións, en dous anos, por distintos abusos laborais ao mesmo traballador

    As sentenzas condenatorias, todas elas por distintos asuntos, foron vistas nos tres Xulgados do O contencioso de Pontevedra e en catro delas o Concello de Pontevedra foi condenada a costas.

    16/05/2023.
    Edificio administrativo Concello de Pontevedra

    Edificio administrativo Concello de Pontevedra

    CCOO e SPPME esixe ao Alcalde de Pontevedra, que á marxe do percorrido procesual que este número de sentenzas poida ter a nivel xudicial se o funcionario inicia novas demandas, é necesario que por parte do máximo responsable do Gobierno Local procédase a interesarse polo traballador e proceder á depuración de responsabilidades políticas aos asinantes das resolucións e disciplinarias ao Xefe de Policía. Contido das sentenzas:

    • A primeira sentenza do Xulgado de Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra, con data do 24/05/2021, corrixe unha resolución da Concelleira de persoal Sra. María do Carme Fouces Díaz. que practicaba ao funcionario unha dedución directa de haberes por unha ausencia a un día de traballo, por atopase indisposto e presentar un xustificante de atención médica que os responsables de persoal entenderon insuficiente. A Xuíz estima o recurso e condena ao Concello de Pontevedra á devolución dos haberes deducidos máis os intereses legais, con condena a costas de 100 €.
    • A segundo do mesmo Xulgado Cont.-Adm. Nº 2, con data do 17/01/2022, condena ao Concello de Pontevedra por outra dedución de haberes ilegal, por resolución da Concelleira de persoal Sra. Fouces, por ausencia por asistencia ao proceso de selección como reservistas voluntario e que previamente foi concedido pola xefatura da policía local, pero que tras presentar a xustificación entendeuse non axustado a dereito e realizouse a dedución de haberes de maneira directa. A Xuíz condena de novo á devolución dos haberes deducidos máis os intereses legais, con condena a costas de 100 €.
    • Terceira do Xulgado Cont.-Adm. Nº 3, con data do 12/12/2022, novamente condénase revoga a dedución de haberes efectuada por resolución da Concelleira de persoal Sra. Fouces, neste caso segundo informa o Xefe de Policía Sr./Sr. Duarte, o funcionario non se fixo cargo do servizo porque non collera o teléfono corporativo, a pesar de que estivo localizado en todo momento co seu teléfono particular como se demostrou en autos. A Xuíz condena de novo á devolución dos haberes deducidos máis os intereses legais, con condena a costas de 100 €, a maiores condénase a indemnizar ao traballador con 600€ por dano moral. A Xuíz reprocha o comportamento da responsable de persoal afirmando: “Sendo evidente que tal reiteración, que xa con este expediente alcanza a condición de “pertinaz”, revela unha actitude pouco sincera por parte do Concello, afastada da boa fe e dos principios de normalidade e menor intervención no ámbito da vida laboral que deberían adornar a convivencia necesaria entre membros dun mesmo servizo; que necesariamente houbo de reverter en prexuízo do funcionario, provocándolle un dano moral ...”
    • A cuarta do Xulgado Cont.-Adm. Nº 1, con data do 12/12/2022, anula a resolución do Director Xeral de Recursos Humanos do Concello de Pontevedra, José Manuel González Abal, denegatoria dun permiso de asuntos propios sen retribución, para coidar ao seu fillo menor tras serlle denegado o uso do dereito de flexibilidade horaria por motivo da conciliación da vida persoal e familiar. O Xuíz anula a resolución do Director Xeneral, recoñecendo o dereito do actor para percibir do Concello de Pontevedra unha indemnización sustitutoria de cincocentos euros (500 €), porque nesta data o funcionario xa optara por outra praza noutro Concello debido ao acoso sistemático ao que estaba a ser sometido. Tamén se condena ao Concello de Pontevedra ao pago de costas de 250 €.
    • Quinta, do Xulgado Cont.-Adm. Nº 2 con data do 21/03/2023, volve anular outra resolución do Director Xeral de Recursos Humanos, Sr./Sr. González Abal, e condena ao concello de Pontevedra a recoñecer o dereito á flexibilidade horaria que dera lugar ao caso da sentenza anterior. O funcionario solicitara, ante a negativa a flexibilidade horaria, permiso por asuntos propios sen retribución. A execución desta sentenza ten posibles derivadas xa que o funcionario xa non esta activo no concello de Pontevedra.
    • A sexta, do Xulgado Cont.-Adm. Nº 1, con data do 11/04/2023, anula outra resolución do Director Xeral de Recursos Humanos, Sr./Sr. González Abal, e recoñece o dereito do actor a que polo Concello de Pontevedra concédaselle unha redución de xornada para coidado de fillo menor de 12 anos.

    As organizacións sindicais Comisións Obreiras e o Sindicato Profesional de Policía, que representan practicamente á totalidade do persoal da Policía Local no Concello de Pontevedra, denuncian que esta situación supuxo un grave problema para permitir ao funcionario compartir o coidado do seu fillo de pouca idade coa súa parella que tamén traballa por conta allea. Esta dinámica de negar calquera dereito ao traballador, onda numerosos desencontros no día a día, non se podería levar a cabo sen a participación do xefe de policía local, José Manuel Duarte Solla a través de distintos informes tachados de “débiles” polo propio xulgado e de “unha sorte de persecución constante contra este funcionario. Non en balde o Xefe de Policía propuxo ata en seis ocasiones sancións disciplinarias “exemplares” para este funcionario.

    A presión laboral á que foi sometida este traballador obrigoulle a buscar fóra de Pontevedra unha solución laboral noutro posto de traballo, pero hai outros/as que non teñen esa saída laboral e son continuamente sometidas a practicas abusivas e ilegais. Nestes momentos por parte doutros funcionarios de policía se continua con procesos abertos por vulnerar dereitos á conciliación familiar, persoal e ao coidado de fillos menores. O caso máis grave foi a retirada de descanso a un policía con pouco/pouo máis de 72 horas, e que a pesar de notificar que non tiña con quen deixar ás súas fillas de curta de idade foi obrigado polo Xefe de Policía a prestar servizo de vixilancia e seguridade no edificio municipal da rúa Michelena. O traballador optou, ao non ter outra solución, por prestar o servizo en compañía das súas fillas ata as 22.40 horas. Os responsables políticos nada fixeron para evitar esta situación nin consta que se pedise responsabilidades polos feitos.

    Non debe de existir moitos casos como o aquí exposto no ámbito xudicial e en materia de exercicio de dereitos á conciliación persoal e familiar, e pon de manifesto a situación que se vén vivindo no Concello de Pontevedra, onde poucos/pouos valentes atrévense a denunciar os atropelos que sofren, porque como neste caso, supón iniciar contra o funcionario/a unha “situación pertinaz” como afirmou a Maxistrada do Xulgado do Cont-Adm, nº 3 de Pontevedra.