Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 19 Abril 2024.

O documental «10 de Marzo» seleccionado para a súa proxección na Sala Berlanga de Madrid

    O documental, patrocinado polo Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, poderase ver o xoves 25 e sábado 27 de maio en Madrid. Foi seleccionado para o programa SGAE Documental 2023 entre as 40 propostas recibidas

    19/05/2023.
    Foto arquivo, presentación pública das primeiras imaxes do documental '10 de Marzo'

    Foto arquivo, presentación pública das primeiras imaxes do documental '10 de Marzo'

    Unha boa nova para o documental 10 de Marzo, que acaba de ser seleccionado xunto con outras catro longametraxes na convocatoria estatal SGAE Documental, para a súa proxección entre o 23 e 27 de maio na Sala Berlanga de Madrid. 

    A Fundación SGAE, cumprindo co seu obxectivo de impulsar a promoción de xéneros audiovisuais de especial interese como o do documental, organiza unha nova edición de pases dos seleccionados para o programa SGAE Documental 2023, todos eles escollidos de entre as 40 propostas recibidas na convocatoria aberta aos socios e as socias de SGAE, para exhibir documentais na Sala Berlanga de Madrid.

    Así, o primeiro SGAE Documental de 2023 exhibirá, do 23 ao 27 de maio, entre as 18.30 e as 20.30 horas nas pantallas da sala (r/ Andrés Mellado 53, Madrid. Entradas á venda en despacho de billetes e entradas.com) cinco das dez fitas seleccionadas: Francesca y el amor de Alba Sotorra, Lágrimas de Tove María Brask, Más allá de la corriente de Ayoze Ou`Shanahan, Mujeres sin censura de Eva Vizcarra e 10 de marzo de Roi Cagiao.

    As fitas foron seleccionados por un comité integrado polas cineastas Albela Cros (Las amigas de Àgata) e Diana Toucedo (Trinta Lumes), e completan o palmarés La visita y un jardín secreto de Irene M. Cordeiro, Me busco lejos de Diego Lublinsky, Living Kultur de Marga Gutiérrez, Hafreiat de Alex Sardà e La vida más larga de David Valero. 

    Acerca da obra

    O documental 10 de marzo, dirixido por Roi Cagiao, coa produción executiva de Emilio J. Fernández e guión do propio Cagiao mais de Iñaki Varela e patrocinado polo Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e outras entidades, artéllase arredor de entrevistas amais dunha ducia de protagonistas dos sucesos de Ferrol de 1972, entre os que se inclúen líderes sindicais da época no estaleiro Bazán (actual Navantia Ferrol), distintos dirixentes e activistas de CCOO e do PC, así como algúns dos denominados «cregos roxos».

    Ademais das entrevistas, o filme constrúe o seu discurso narrativo a través de imaxes de arquivo, algunhas delas inéditas, e tamén dramatizacións.

    Segundo o director, Roi Cagiao, esta obra forma «unha obra completa» co documental Vigo 1972, tamén patrocinado por CCOO e estreado en 2017.

    PROGRAMACIÓN SGAE Documental 2023 · Madrid Lugar: Sala Berlanga Datas: Do 23 ao 27 de maio de 2023 Horario: sesión dobre (18.30 r 20.30 horas) Prezo: 3,50€** entradas á venda na billeteira e entradas.com

    • Xoves, 25 de maio: 18.30 h. 10 de marzo / Roi Cagiao / 2022 / 80’ 20.30 h. Francesca y el amor / Alba Sotorra / 2022 / 84’
    • Sábado, 27 de mayo18.30 h. Mujeres sin censura / Eva Vizcarra / 2022 / 79’ 20.30 h. 10 de marzo / Roi Cagiao / 2022 / 80’