Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 19 Abril 2024.

Folga en Correos os días 23, 24 e 25 de maio

    Traballadoras e traballadores de Correos, xunto cos sindicatos CCOO, UGT, CIG e SL, concentraranse mañá martes, 23 de maio, ás 14 horas, no centro de tratamento automatizado da Lavacolla, en Santiago de Compostela. Tamén está convocada folga para os días 23, 24 e 25 de maio de 2023.

    22/05/2023.
    Concentración diante da sede de Correos en Santiago de Compostela (19/5/2022)

    Concentración diante da sede de Correos en Santiago de Compostela (19/5/2022)

    Denuncian a situación do persoal con relación laboral fixa de xornada a tempo parcial, porque practicamente non teñen opcións de conseguir un traballo a xornada completa, malia levaren máis de dous ou tres anos no centro de traballo.

    Isto, sinalan, abócaos a unha situación de «precariedade laboral», mentres que persoal de novo ingreso que tomará posesión na nova consolidación de emprego gozará de contratos fixos con xornadas completas.