Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 23 Abril 2024.

A secretaria xeral de CCOO-Galicia asiste ao 15.º Congreso da Confederación Europea de Sindicatos (CES) en Berlín, do 22 ao 26 de maio

    A delegación de CCOO encabézaa o secretario xeral confederal. Unai Sordo referiuse na intervención no CES aos desafíos que encara a negociación colectiva en Europa e lembrou das certeiras demandas que viña facendo o movemento sindical europeo

    24/05/2023.

    URL | Código para insertar

    Participan arredor de seiscentos delegados e delegadas sindicais nacionais, incluídos secretarios xerais ou presidentes dunhas 93 organizacións sindicais nacionais de 41 países europeos, 10 federacións sindicais sectoriais europeas e invitados especiais de Europa e máis aló.

    Os líderes sindicais europeos discutirán durante catro días as demandas e prioridades sindicais para garantir un trato xusto para os traballadores e traballadoras. Intercambiarán puntos de vista sobre a renovación sindical, o futuro do traballo, un novo modelo económico para as persoas e o planeta, o futuro de Europa e unha CES máis forte.

    O Congreso tamén celebrará os 50 anos da Confederación Europea de Sindicatos: 50 anos de loita polos traballadores.

    O Congreso elixirá o novo equipo directivo da CES, aprobará o informe de actividades 2019-2023, modificará a Constitución da CES e adoptará documentos clave como o Manifesto de Berlín e o Programa de Acción da CES 2023-2027.

    O secretario xeral de CCOO, Unai Sordo, referiuse aos desafíos que encara a negociación colectiva en Europa e acordouse das certeiras demandas que viña facendo o movemento sindical europeo e que en crises anteriores non foron tidas en conta por parte das institucións comunitarias. «Tiñamos razón», dixo o sindicalista español ante os delegados e as delegadas do XV Congreso da Confederación Europea de Sindicatos (CES). 

    O secretario xeral de CCOO lanzou unha advertencia ao final da súa intervención ante o CES: «O debate institucional sobre a gobernanza económica e as normas fiscais volverá aparecer con intensidade nas próximas datas, pero a Confederación está avalada coa forza dos feitos, porque as posicións que viñamos defendendo saen fortalecidas da xestión da crise da pandemia».