Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Marzo 2024.

Folga e concentración en Santiago do persoal de Correos para rexeitar a «precariedade laboral» a que o aboca e empresa

    Traballadoras e traballadores de Correos, xunto cos sindicatos CCOO, UGT, CIG e SL, tiveron este xoves, 25 de maio, a súa terceira xornada de folga. Asemade, concentráronse ás 12 horas diante da oficina principal, na rúa do Franco.

    25/05/2023.
    Pancarta do persoal de Correos diante da oficina principal de Santiago

    Pancarta do persoal de Correos diante da oficina principal de Santiago

    Denuncian a situación do persoal con relación laboral fixa de xornada a tempo parcial, porque practicamente non teñen opcións de conseguir un traballo a xornada completa, malia levaren máis de dous ou tres anos no centro de traballo.

    Isto, sinalan, abócaos a unha situación de «precariedade laboral», mentres que persoal de novo ingreso que tomará posesión na nova consolidación de emprego gozará de contratos fixos con xornadas completas.

    O persoal, que xa se concentrou en datas pasadas no centro de tratamento (CTA) da Lavacolla, esixe que mediante o concurso de traslados se fagan máis asignacións «para poder conseguir unha digna xornada completa».