Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Marzo 2024.

Suspendidas as mobilizacións en Inelcom tras chegarse a un principio de acordo

    CCOO informa da desconvocatoria das mobilizacións con motivo do ERE de Inelcom para os centros de traballo de Sarria (Lugo) e Xàtiva (País Valencià), previstas para a tarde deste martes, 30 de maio, así como a folga do 1 de xuño.

    30/05/2023.
    CCOO rexeita o ERE en Inelcom

    CCOO rexeita o ERE en Inelcom

    A decisión de suspender as mobilizacións debeuse á consecución dun principio de acordo nas negociacións do expediente, ao se reducir en case un 55 % o número de persoas afectadas, so a premisa da voluntariedade e do incremento da indemnización correspondente. O dito acordo recibiu o apoio do cadro de persoal.