Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 9 Outubro 2024.

CCOO-Hábitat trata nunha asemblea a redución de xornadas na limpeza dos hospitais

    CCOO-Hábitat organizou este luns, 6 de maio, unha asemblea con delegadas e delegados da limpeza dos hospitais de Galicia para tratar os retos que vai implicar a redución progresiva da xornada anual en 112 horas no período 2023-2025.

    07/05/2024.
    Asemblea de CCOO-Hábitat con delegados e delegadas do sector. Na mesa, no centro, Alejandra Gesto, secretaria xeral

    Asemblea de CCOO-Hábitat con delegados e delegadas do sector. Na mesa, no centro, Alejandra Gesto, secretaria xeral

    Nesta xuntanza, a secretaria xeral da federación, Alejandra Gesto, puxo o acento na contratación e os posibles riscos laborais que poden sufrir os cadros de persoal en caso de que as diferentes contratas do servizo non adecúen as frecuencias de traballo á nova xornada laboral.

    Con esta redución, a xornada no 2025 será de 35 horas semanais e 1512 anuais. Porén, será progresiva, do seguinte xeito: 1603 en 2023, 1554 en 2024 e as devanditas 1512 o vindeiro ano. Esta minoración equivale a seis xornadas completas menos ao ano.