Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 9 Outubro 2024.

Axudas para libros de texto e material escolar para o curso 2024-25

    Desde o martes, 21 de maio, pódense solicitar as axudas para libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, secundaria obrigatoria e especial en centros docentes sostidos con fondos públicos. O prazo de presentación de solicitudes remata dentro dun mes, o 21 de xuño.

    20/05/2024.
    Publicadas as axudas para libros de texto

    Publicadas as axudas para libros de texto

    Poden solicitar a axuda as familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria:

    a) Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3.º, 4.º, 5.º e 6.º de educación primaria e en 1.º, 2.º, 3.º e 4.º de ESO.

    b) Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1.º e 2.º de primaria, en educación especial ou alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65 % ou con necesidades específicas de apoio educativo matriculado en 3.º a 6.º de primaria e 1.º a 4.º da ESO.

    c) Axudas para material escolar: alumnado matriculado en primaria, ESO ou educación especial.

    Máis información no CCOO Informa, n.º 18, anexo a esta nota informativa.

    Documentación asociada
    Documentación asociada