Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 23 Xullo 2024.

Os sindicatos piden convocar a mesa provincial de apoio ao emprego no sector naval de Pontevedra

    Os sindicatos comarcais de Industria de CCOO, UGT e CIG solicitáronlle este luns á Xunta de Galicia unha nova convocatoria da mesa de apoio ao emprego do sector naval da provincia de Pontevedra. Coidan que nela «é imperativo» que participen «ao máis alto nivel» os representantes dos estaleiros e da industria auxiliar.

    17/06/2024.
    CCOO esixe solucións para o sector naval

    CCOO esixe solucións para o sector naval

    «Non é posible avanzar en solucións reais e sólidas se non están referendadas por quen ten a capacidade tanto política como económica para levalas adiante», resumen os tres sindicatos.

    As organizacións sindicais formulan esta petición tras dúas reunións da mesa técnica do sector naval onde se debateu sobre aspectos «puramente técnicos» respecto dos problemas de seguridade e prevención no ramo.

    «Entendemos que os ditos aspectos técnicos quedarán incompletos se non se adquiren compromisos reais e cuantificables por parte das empresas principais e auxiliares».