Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 4 Decembro 2024.

A secretaria xeral de CCOO participa na Escola Sindical das CCOO de Aragón

    A secretaria xeral do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, Amelia Pérez, participa na Escola Sindical que organiza CCOO de Aragón na localidade de Morillo de Tou (Huesca).

    18/06/2024.
    Amelia Pérez, no centro, participa na Escola Sindical de CCOO de Aragón

    Amelia Pérez, no centro, participa na Escola Sindical de CCOO de Aragón

    Amelia Pérez participou nunha mesa redonda canda o secretario xeral de CCOO de Cataluña, Javier Pacheco, e das Illas Baleares, José Luis García. Os tres dirixentes sindicais abordaron o modelo organizativo e a acción sindical en territorios con características diferenciadas e cun condicionante nacionalista moi claro no caso galego.

    Os seus relatorios serviron para facer unha fotografía de cal é a configuración territorial dos sindicatos e da competencia sindical que se establece coas organizacións nacionalistas.