Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 9 Outubro 2024.

CCOO denuncia a falta de carteiros no Baixo Miño pola ausencia de contratacións

    CCOO denuncia a negativa de Correos a efectuar contratacións en agosto para suplir o persoal que se atopa de vacacións. Esta decisión provoca que concellos do Baixo Miño como O Rosal, A Guarda ou Tomiño estean sen carteiro ou carteira. Actualmente, entre 10 e 13 profesionais teñen que asumir unha zona con máis de 30 000 habitantes.

    26/08/2024.
    CCOO en defensa dun servizo postal público e de calidade

    CCOO en defensa dun servizo postal público e de calidade

    Traballadores e traballadoras da cartería de Goián (Tomiño), que cobre tanto a localidade tomiñesa como O Rosal, xa se concentraran o pasado 12 de xullo para criticaren tanto a política de contratacións de Correos como os excesivos recargos —zonas de repartición que asumen os carteiros e carteiras cando faltan compañeiros/as.

    Malia as advertencias do persoal, que avanzaba o «caos» que se podería producir en agosto, Correos seguiu adiante coa súa decisión. Hoxe, das 14 zonas de repartición en que se dividen O Rosal e Tomiño, só seis están cubertas. No caso concreto da primeira das localidades, só contan cun efectivo dos cinco que sería necesarios.

    No municipio veciño da Guarda, o aumento de poboación durante o verán agrava a situación, provocando a acumulación dunha gran cantidade de envíos —máis de 800 notificacións.

    Por todo isto, CCOO insta a Correos a tomar medidas que eviten a sobrecarga laboral do persoal e os prexuízos que a falta de servizo lle provocan á cidadanía. «Non descartamos ningún escenario se non hai solución», advirte o sindicato.